Alvaro Cunqueiro
Bibliografía
POETA, ANTE TODO
Para moitos, principiando por el mesmo, Álvaro Cunqueiro era fundamentalmente un poeta. Os seus primeiros libros, denantes da guerra civil, son dúas coleccións de poemas e, ao mesmo tempo, todos os seus escritos en prosa están impregnados dun forte sentido poético. Esta faceta lírica ha desenvolvela, sobre todo, na súa lingua materna: o galego. Hai, iso si, algunhas excepcións: poemas soltos que aparecen espallados por moitos dos seus libros e Elegías y canciones, editado en castelán.
Obras principais
Cantiga nova que se chama Riveira, 1933
Poemas do si e do non, 1933
Elegías y Canciones, 1940
Poemas en castelán escritos ao longo dos anos 1934, 1935 e 1936 que ven a luz no outono de 1940, cun neoclasicismo acorde co camiño seguido en prosa por autores como Sánchez Mazas ou Eugenio Montes.
Mar ao Norde, 1932
É o primeiro libro de poemas en galego, “feixe de poemas”, de Álvaro Cunqueiro. Publícase en 1931. O editor e impresor é Ánxel Casal. O libro componse de 21 poemas breves e conta igualmente con cinco debuxos de Luis Seoane, amigo de Cunqueiro, un dos cales ilustra a portada. É unha obra influída polas vangardas e onde se aprecia verbo dese influxo a figura do poeta rianxeiro Manuel Antonio, por quen Cunqueiro endexamais disimulou a súa admiración. Carballo Calero describiu esta obra como afín, pola súa estética, ao cubismo poético francés. O prezo de saída foi de 2,5 pesetas.
Herba aquí e acolá, 1980
Dona do corpo delgado, 1950
O GRAN FABULADOR
Se a década dos trinta dá a coñecer a Cunqueiro como un poeta de gran valía (aínda que dende os seus comezos practicou todos os xéneros literarios), será a partir do seu regreso de Madrid cando a súa figura como narrador se agrande enormemente, especialmente tras a publicación de Merlín e familia en 1955. As novelas de Cunqueiro, cheas de imaxinación e referencias aos máis diversos ciclos literarios (o ciclo artúrico, As mil e unhas noites, as diversas mitoloxías antigas…), están tamén inzadas de narracións orais de parte das personaxes que interveñen nelas, algo ao que Cunqueiro lle tiña moito aprecio. A oralidade profunda dos seus paisanos —que, como el dicía, “parrafeaban” entre eles e traían e levaban as máis curiosas historias— está presente como un elemento artellador da súa novelística. Para algúns autores, as súas obras narrativas conforman un macro-texto novelístico no que as distintas pezas do quebracabezas establecen constantes relacións entre elas. Alén diso, o espazo narrativo de Cunqueiro está poboado por múltiples voces de personaxes que, pola súa banda, se converten en narradores dentro da narración principal.
Obras principais
Merlín e familia i outras historias, 1955
As crónicas do Sochantre, 1956
Si o Vello Simbad volvese ás Illas, 1961
Las Mocedades de Ulises, 1960
Un hombre que se parecía a Orestes, 1969
Flores del año Mil y pico de ave. 1968
Vida y fugas de Fanto Fantini, 1972
El año del cometa con la batalla de los cuatro reyes. 1974
Narrativa breve
CUNQUEIRO DRAMATURGO
Como dramaturgo, Álvaro Cunqueiro deixounos unha produción de tres obras completas: A noite vai coma un río; O incerto Señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, e Rogelia en Finisterre; máis outras pezas sen completar: Rúa 26 (diálogo limiar). Farsa (1932); Xan, o bo conspirador (1933); Palabras de víspera; As escenas segunda e vixesimoquinta da peza de teatro chinés chamada A dama que enganada por un demo elegante quixo mercarlle ó vento a perdiz que falaba, ou A verdadeira historia dun mandarín que por non gastar quedou cornudo, e Función de Romeo e Xulieta, famosos namorados. Das sete, tres destas pezas forman parte dalgunha das súas novelas: A noite vai coma un río, integrada en Un hombre que se parecía a Orestes; As escenas segunda e vixesimoquinta… en Si o vello Sinbad volvese ás illas, e a Función de Romeo e Xulieta nas Crónicas do sochantre.
Obras principais
Rogelia en Finisterre, 1941
O incerto señor don Hamlet, 1958
A noite vai coma un río, 1965
Palabras de Víspera, 1974
UN PERIODISTA PROLÍFICO
O xornalismo de Cunqueiro é tamén, inevitablemente, parte consubstancial da súa literatura. A través dos seus innumerables artigos, reportaxes, guións radiofónicos, etc., escritos ao longo de décadas, mestura de modo orixinal o ensaio, a crónica de viaxe e a crítica artística e literaria. Grazas a eles puidemos saber das opinións, amizades, gustos, lecturas ou teimas do escritor. En boa medida, o retrato que hoxe cremos posuír de don Álvaro componse deses trazos e pinceladas extraídos da súa obra xornalística onde, sen as veladuras e filtros propios da súa outra produción escrita, nos amosa boa parte do seu ser.
Anos 30
De 1930 son tamén os primeiros números da revista Galiza, publicada en galego, dirixida por un Cunqueiro mozo e moi comprometida co galeguismo en que militaba nese momento o noso autor. Esta publicación pioneira, impresa entre 1930 e 1933, terá un dos seus leitmotivs na defensa da lingua propia de Galicia e alternará as colaboracións poéticas con artigos de diversa índole. Na Compostela deses anos Cunqueiro entra en contacto co editor Ánxel Casal e colabora tamén na revista de referencia para gran parte da intelectualidade galega: Nós, dirixida por Vicente Risco. En 1933 comeza a publicar artigos sobre artistas galegos en El Pueblo Gallego de Vigo, diario de orientación galeguista que fundou e dirixía Manuel Portela Valladares.
Neses primeiros anos trinta as súas colaboracións en prensa multiplícanse: artigos poéticos en Resol ou Yunque (dirixida polo seu amigo Ánxel Fole), no ferrolán Erte, en A Nosa Terra ou na catalá Quaderns de poesía, entre outros. Asemade, con axuda de amigos crea en Mondoñedo a Editorial Un, subtitulada “do Leste Galego”. A prometedora carreira dun mozo e brillante escritor vaise afianzando coa publicación do seus tres primeiros libros de poemas: Mar ao Norde, Cantiga nova que se chama riveira e Poemas do si e o non. Mais chega o ano 1936 e o levantamento militar e a posterior guerra civil tornan os pasos de Álvaro Cunqueiro.
Ante un escenario incerto e perigoso para alguén que, coma el, se destacara polo seu galeguismo e defensa da autonomía, Cunqueiro trasládase a Ortigueira. Parece que é o seu círculo máis próximo quen llo aconsella, temendo pola súa integridade física. Corre outubro de 1936. Comeza a exercer como profesor de Letras na Academia Santa Marta e, ao pouco tempo, ofréceselle a dirección de Era Azul. Este pequeno semanario contaba cun subtítulo ben elocuente: Guión de Falange Española de las J.O.N.S. de Ortigueira. Cunqueiro dirixirá e escribirá, baixo pseudónimo, gran parte do material publicado.
Principiará deste xeito unha segunda etapa na carreira xornalística do mindoniense. A súa calidade e brillantez literaria, acomodada ao novo medio, non pasará inadvertida. El Pueblo Gallego de Vigo, diario no que colaborara previamente, é confiscado polos sublevados e, en 1937, pasa a estar controlado por La Falange. O seu novo director, Jesús Suevos, un dos fundadores de La Falange en Galicia, faise cos servizos de Cunqueiro, que en 1938 deixa Ortigueira. Nese ano empeza a escribir, igualmente, na Hoja del Lunes, de Vigo, pero pouco tempo despois trasládase a San Sebastián. Alí ingresa como redactor en La Voz de España (onde conta coa súa propia sección co nome “Verbas”). En 1939 pasa a ser director da revista Vértice e colabora tamén coa revista Y, publicación da Sección Femenina de La Falange. Da capital donostiarra, Cunqueiro dá o salto ao pouco tempo a Madrid e comeza a traballar como redactor en ABC. O seu paso por este diario foi breve, pero abriulle as portas de diversos medios na capital. Mantén tamén a súa firma en El Pueblo Gallego e na revista Vértice.
Anos 40
O golpe foi moi duro. Supuña para Cunqueiro a práctica imposibilidade de exercer a súa profesión. En 1947, como un home case derrotado, regresa finalmente á súa particular Ítaca, ao seu Mondoñedo natal, onde o agardan anos grises e difíciles.
Ás dificultades laborais e económicas únese o naufraxio do seu matrimonio. O escritor pasa os seus momentos máis tristes nesa época. Amigos de mocidade como Francisco Fernández del Riego van ser fundamentais entón. Son anos nos que Cunqueiro vai refacendo paseniño a súa carreira profesional, escribindo aquí e acolá. En 1948 empeza a colaborar no compostelán La Noche e algo despois en Faro de Vigo. O seu director, Francisco Leal Insua, compañeiro de aventuras xornalísticas de mocidade no Vallibria mindoniense, atrévese a desafiar a interdición que pesa sobre Cunqueiro. Nese ano empeza unha das súas series de artigos máis celebradas: “El pasajero en Galicia”.
Anos 50-60
OBRA E BIBLIOGRAFÍA DE CUNQUEIRO
Cantiga nova que se chama Riveira, edicións Resol, Santiago, 1933.
Nenia. Tres pequenas versiós tristes (Rosalía de Castro, Antonio Nobre, Enrique Heine), edicións Papel de Color, Villagarcía, 1936.
Historia del Caballero Rafael, Vértice, Madrid, noviembre de 1939.
Elegías y canciones, editorial Apolo, Barcelona, 1940
Balada de las damas del tiempo pasado, Alhambra, 1945.
San Gonzalo (escrito bajo el pseudónimo de Álvaro Labrada), Editora Nacional, Madrid, 1945.
Rogelia en Finisterre, Vértice, Madrid, 1941.
Dona do corpo delgado, Editor Sabino Torres Ferrer, Pontevedra, 1950.
Rondeau en loor de un botánico del siglo XVIII que regresa de Cipango y Catay y todas las Indias. Imprenta Herederos de Ramiro P. del Río, Luarca, 1951.
Crónica de la derrota de las naciones, Atlántida, La Coruña, 1954.
Maside, (con R. García Suárez), editorial Galaxia, Vigo, 1954.
Merlín e familia e outras historias, editorial Galaxia, Vigo, 1955.
As crónicas do Sochantre, editorial Galaxia, Vigo, 1956.
El caballero, la muerte y el diablo y otras dos o tres historias, ediciones El Grifón, Madrid, 1956.
Merlín y familia, AHR, Barcelona, 1957.
Vigo, puerta del Atlántico, Ayuntamiento de Vigo, 1957.
Cantiga nova que se chama Riveira, edicións Monterrey, Vigo, 1957.
O incerto Señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (peza dramática en tres xornadas), editorial Galaxia, Vigo, 1958.
Teatro venatorio y coquinario gallego, (con J. M.a Castroviejo), editorial Monterrey, Vigo, 1958.
Las crónicas del Sochantre, AHR, Barcelona, 1959.
Escola de menciñeiros e fábula de varia xente, editorial Galaxia, Vigo, 1960.
Las mocedades de Ulises, Librería editorial Argos, Barcelona, 1960.
Si o vello Sinbad volvese ás illas…, editorial Galaxia, Vigo, 1961.
Viaje por los montes y chimeneas de Galicia. Caza y cocinas gallegas, (con J. M.a Castroviejo), editorial Espasa-Calpe, Madrid, 1962.
Rutas de España: La Coruña, Lugo, Orense y Santiago, Publicaciones españolas, Madrid, 1962.
Cuando el viejo Simbad vuelva a las islas, Librería Editorial Argos, Barcelona, 1962.
Tesouros novos e vellos, Galaxia, Vigo, 1964.
Pesca y conservas. Itinerarios turístico-gastronómicos de la provincia de Pontevedra, (con G. Massó), Diputación de Pontevedra, Vigo, 1964.
El Camino de Santiago, imprenta Faro de Vigo, Vigo, 1965.
Daniela y la estrella, imprenta Faro de Vigo, Vigo, 1967.
Historia del ángel Adriel, guardián de la puerta sur del Paraíso, imprenta Faro de Vigo, Vigo, 1967.
Lugo, La Coruña, Pontevedra, Ourense, Publicaciones españolas, 1967.
Flores del año mil y pico de ave, editorial Táber, Barcelona, 1968.
Lugo, editorial Everest, León, 1968.
Un hombre que se parecía a Orestes, ediciones Destino, Barcelona, 1969.
El envés, editorial Táber, Barcelona, 1969.
Pontevedra, Rías Bajas, editorial Everest, León, 1969.
La cocina cristiana de Occidente, editorial Táber, Barcelona, 1969.
El descanso del camellero, editorial Táber, Barcelona, 1970.
Laberinto y Cía, editorial Táber, Barcelona, 1970.
Rías Bajas gallegas, editorial Everest, León, 1971.
Vigo y su Ría, editorial Everest, León, 1971.
Xente de aquí e de acolá, editorial Galaxia, Vigo, 1971.
Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca, ediciones Destino, Barcelona, 1972.
A cociña galega, editorial Galaxia, Vigo, 1973.
Don Hamlet e tres pezas mais, editorial Galaxia, Vigo, 1974.
El año del cometa con la batalla de los cuatro reyes, ediciones Destino, 1974.
La otra gente, ediciones Destino, Barcelona, 1975.
Tertulia de boticas prodigiosas y escuela de curanderos, ediciones Destino, Barcelona, 1976.
Soma de craridades, edicións Cuco-Rei, A Coruña, 1977.
Monumentos y lugares más representativos de la comarca eumesa, Ayuntamiento de Pontedeume, 1977.
Xan, o bó conspirador, en Grial, vol. XVI, 1978, pp. 204-207
Os outros feirantes, editorial Galaxia, Vigo, 1979.
Laude de vírgenes románicas, compañía Roca-Radiadores, Barcelona, 1979.
Obra en galego completa. I. Poesía. Teatro, editorial Galaxia, Vigo, 1980.
Laude da camelia, Diputación Provincial de Pontevedra, 1981.
Ollar Galicia, ediciones Destino, Barcelona, 1981.
Ver Galicia, ediciones Destino, Barcelona, 1981.
Arquitectura rural gallega, Caixa de Aforros de Galicia, A Coruña, 1981.
Historias gallegas, Banco de Crédito e Inversiones, Madrid, 1981.
Historia de una isla llamada Brenda, Vigo, 1982.
Obra en galego completa. II. Narrativa, editorial Galaxia, Vigo, 1982.
Fábulas y leyendas de la mar, Tusquets editores, Barcelona, 1982.
Obra en galego completa. III. Semblanzas, editorial Galaxia, Vigo, 1983.
Antología poética, Plaza y Janés S.A., Barcelona, 1983.
Cocina gallega, editorial Everest, Madrid, 1982.
Tesoros y otras magias, Tusquets editores, Barcelona, 1984.
Viajes imaginarios y reales, Tusquets editores, Barcelona, 1986.
Los otros caminos, Tusquets editores, Barcelona, 1988.
Hierba aquí o allá. Herba aquí ou acolá, Visor Poesía, Madrid, 1988.
El pasajero en Galicia, Tusquets editores, Barcelona, 1989.
Obra en galego completa. IV. Ensaios, editorial Galaxia, Vigo, 1991.
A máxia da palavra: Cunqueiro na rádio, Sotelo Blanco Edicions, Santiago de Compostela, 1991.
Cunqueiro en la radio. Cada día tiene su historia y otras series: comentarios radiofónicos, RNE, A Coruña, 1956-81, Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, A Coruña, 1991.
Flor de diversos. Escolma de poetas traducidos, editorial Galaxia, Vigo, 1991.
Herba aquí ou acolá, editorial Galaxia, Vigo, 1991.
La bella del dragón. De amores, sabores y fornicios, Tusquets editores, Barcelona, 1991.
O reino da chuvia. Artigos esquencidos, Diputación Provincial, Lugo, 1992.
Encuentros, caminos y noticias en el reino de la tierra, El Correo Gallego, Santiago de Compostela, 1992.
Papeles que fueron vidas, Tusquets editores, Barcelona, 1994.