Alvaro Cunqueiro

Biografía

Álvaro Patricio Cunqueiro Mora vén ao mundo un 22 de decembro de 1911 en Mondoñedo, Lugo. Fillo de dona Pepita Mora Moirón e de Joaquín Cunqueiro Montenegro Álvaro, é o segundo do cinco fillos que vai ter o matrimonio. O seu pai, cambadés e de familia nobre, rexenta daquela a farmacia anexa á catedral e a súa nai pertence a unha distinguida familia da comarca. O ambiente familiar, o alento de dona Pepita e os personaxes que desfilan pola botica paterna farán que Álvaro desenvolva dende ben noviño unha gran curiosidade pola cultura e as letras.

 

\

1921

En 1921, con dez anos, escribe a súa primeira obriña literaria, hoxe perdida: unha novela do Oeste americano, onde os “cowboys” falaban en castelán e os indios en galego. Nese mesmo ano marcha a Lugo a proseguir os seus estudos. Inicia o Bacharelato como interno nos Maristas e continúa logo a súa formación no Instituto General y Técnico da rúa San Marcos. Le sen medida e é asiduo da Biblioteca Provincial. Coñece nesa época a Ánxel Fole e a Luis Pimentel. No instituto, un vello mapa de Galicia, obra do xeógrafo Domingo Fontán, descóbrelle visualmente por vez primeira o país galego, as súas comarcas, os seus camiños, as súas costas e relevo. Neses anos crece a súa conciencia do papel fundamental que desempeña a lingua galega na alma e no ser de Galicia.

\

1927

En 1927 matricúlase por libre na Facultade de Filosofía e Letras (sección Historia) da Universidade de Santiago de Compostela. Hospédase nunha pensión da rúa Enseñanza número 11. Non é bo estudante, pero fragua naquela época unha serie de frutíferas amizades, reencóntrase con Ánxel Fole (a quen coñecera en Lugo, durante a etapa de Bacharelato) e frecuenta o ambiente literario e cultural que se acubillaba en moitas tabernas compostelás ou nos cafés Español ou Derby. Precisamente, no Café Español coñecerá o impresor Ánxel Casal. Grazas a el, por mediación do seu amigo Luis Seoane, será editado en 1932 o seu primeiro libro de poemas.

\

1930

En 1930 empeza a colaborar con poemas e artigos na revista Vallibria, dirixida na súa cidade natal por Xosé Trapero Pardo, cronista da cidade mindoniense.
Tamén nese ano, dende a súa “Oficina Lírica do Leste Galego”, sita no terceiro piso da casa familiar, sae do prelo a revista literaria Galiza, que o propio Álvaro dirixe, acompañado nesa aventura por amigos do seu círculo mindoniense como Xosé Díaz Jácome, Aquilino Iglesia Alvariño ou o ilustrador Bernardino Vidarte.

\

1931

Morre a súa nai, dona Pepita. Cunqueiro ingresa no Partido Galeguista.

\

1932

Publica o seu primeiro libro de poemas: Mar ao Norde.

\

1933

Son editados sucesivamente os libros de poemas Cantiga nova que se chama riveira e Poemas do si e non. O primeiro dentro da liña chamada neotrovadorismo. Comeza a súa colaboración no diario vigués El Pueblo Gallego de Portela Valladares.

\

1936

Cunqueiro, mozo comprometido co galeguismo nacionalista, participa activamente na campaña electoral a prol do estatuto de Autonomía. Canda o inicio da Guerra Civil, Cunqueiro abéirase na vila de Ortigueira. Dá clases no colexio Santa Marta e comeza a publicar no semanario falanxista Era Azul.

\

1938

Cunqueiro se incorpora a la redacción del diario La Voz de España, en San Sebastián. En esa ciudad entabla amistad con Manuel Halcón director de la revista, (cercana a la Falange) Vértice, en la que comienza a colaborar.
\

1939

Múdase a Madrid. Escribe no ABC e colabora noutras cabeceiras xornalísticas.

\

1940

Publica un libro de poemas en castelán, Elegías y Canciones. O 18 de decembro dese ano viaxa a Mondoñedo e contrae matrimonio con Elvira González-Seco Seoane na súa cidade natal.

\

1941

Morre o seu pai, don Joaquín. Nace o seu primeiro fillo, César.

\

1944

Retíraselle o carné de xornalista. Nace en Mondoñedo o seu fillo Álvaro.
Afastado xa do mundo franquista, deixa a capital e regresa a Mondoñedo. Comeza unha etapa difícil, de soidade e recollemento na súa cidade natal. Son anos duros, pero que frutificarán despois con moito pulo. Apóiase en amigos de mocidade, como Francisco Fernández del Riego, quen o animará a escribir prosa en galego.

\

1948

Principia a publicar no diario compostelán La Noche e en Faro de Vigo.

\

1950

A década do cincuenta é crucial na biografía de Cunqueiro. Pouco e pouco, irá deixando atrás os malos momentos e vaise reencontrar con moitos vellos amigos de Compostela, como García Sabell, Ramón Piñeiro ou Otero Pedrayo. Case todos eles estarán no xerme do nacemento da editorial Galaxia en 1950, con Francisco Fernández del Riego como unha das súas cabezas visibles. Ábrese daquela o camiño para o seu éxito como figura da narrativa galega e Cunqueiro recobrará o lugar de privilexio nas letras galegas do que se vira apartado ao empezar a guerra civil. Publica Dona do corpo delgado.

\

1955

Ve a luz Merlín e Familia i outras historias.

\

1956

Publica El caballero, la muerte y el diablo e As crónicas do sochantre.

\

1958

Publica O incerto señor don Hamlet e, xunto ao seu amigo José María Castroviejo, Teatro venatorio y coquinario gallego.

\

1960

Premio Nacional da Crítica por Las crónicas del sochantre, tradución ao castelán de As crónicas do sochantre. Publica Las mocedades de Ulises e Escola de menciñeiros. É nomeado Cronista Oficial de Mondoñedo.

\

1961

Deixa Mondoñedo e instálase en Vigo. Publica Si o vello Sinbad volvese ás illas. Ingresa na Real Academia Galega en substitución de Ramón Cabanillas.

\

1962

Versión en castelán de Si o vello Sinbad…

\

1964

Acto de ingreso na Real Academia Galega, en Mondoñedo. Le o seu discurso de ingreso. A resposta corre a cargo do seu amigo del Riego. A editorial Galaxia publica Tesouros novos e vellos, que recolle o texto do discurso e a resposta de Fernández del Riego, cunha introdución de J. Rof Carballo.

\

1965

É nomeado director do diario Faro de Vigo e do Diario Deportivo.

\

1966

Premio Conde de Godó de Xornalismo.

\

1968

Gaña o Premio Nadal por Un hombre que se parecía a Orestes. Publica o volume Flores del año mil y pico de ave, un conxunto de relatos escritos entre 1938 e 1943.

\

1971

Publica Xente de aquí e de acolá, e Vigo y su ría.

\

1972

Publica Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca. Medalla de Ouro de Mondoñedo.

\

1973

Publica A Cociña Galega.

\

1974

Publica El año del cometa con la batalla de los cuatro reyes.

\

1976

Publica nun único volume Tertulia de boticas prodigiosas (dedicada ao seu pai) e Escuela de curanderos, versión castelá de Escola de menciñeiros.

\

1980

Recibe o Doutoramento Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela. Obtén igualmente o Pedrón de Ouro. Publícase o primeiro tomo das súas Obras Completas.

\

1981

Morre en Vigo, o 28 de febreiro. É enterrado en Mondoñedo. O epitafio escrito na súa lápida reza, a modo de sintético testamento literario: Eiqui xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis.

\

1991

No ano 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.