LOCUCIÓN CEGOS ESCRITORES MINDONIENSES
Eran naturais de Mondoñedo, Noriega Varela, Leiras Pulpeiro, Lence Santar e estudantes no Seminario moitos outros… Díaz Castro, Aquilino Iglesia Alvariño, Crecente Vega… a lista de nomes é moi extensa.
Cunqueiro puido desenvolver o seu enorme talento literario nese ambiente propicio para as musas, co pulo das amizades que cultivou con algúns dos seus colegas de xeración como Xosé Díaz Jácome, ou o cronista Eduardo Lence Santar (por citar solo dous exemplos) e coa alta densidade de esencia literaria que invadía a súa vila natal.
E os últimos tempos deron en Mondoñedo unha xeración de xentes do literario na que se poden sinalar (sen esgotar a relación) nomes como os de Luis Enrique Cabanela, Xe Freire, Marina Mayoral, Antón Meilán, Isabel Morán, Francisco Piñeiro, Antonio Reigosa, Armando Requeixo, Xosé Ruiz Leivas ou César Cunqueiro, un dos fillos de don Álvaro.