LOCUCIÓN CEGOS NARRATIVA

É nos anos cincuenta, no duro período vital tras o regreso a Mondoñedo, é cando a poesía lle deixa paso á narrativa. Instalado xa neste edificio, Cunqueiro.

O escritor instálase neste edificio e aquí vai escribir unha das súas obras mestras: Merlín e familia i outras historias, publicado en 1955.

A novela vira arredor dos recordos nostálxicos de Felipe de Amancia, xa ancián. Son as lembranzas dos seus anos de infancia ao servizo do mago Merlín.

A partir desta sinxela formulación, Cunqueiro vai tecer unha obra máis complexa rede de relatos, onde, á maneira cervantina, maniféstanse diversas voces narrativas.

En Merlín combínase a fantasía co coñecemento libresco, o humor, o Ciclo Artúrico e a realidade campesiña que Cunqueiro coñeceu ben de neno.

A súa segunda novela, As crónicas do Sochantre (1956), está ambientada en Bretaña, e nela recorre ao artificio construtivo do manuscrito atopado para narrar as peripecias do sochantre de Pontivy en compañía dun cortexo de defuntos.

A esta novela séguelle unha terceira, tamén en galego, e ambientada noutro escenario exótico Se o vello Sinbad volvese ás illas.

En castelán, xa como escritor consolidado, Cunqueiro escribirá varias novelas máis: Las mocedades de Ulises, Un hombre que se parecía a Orestes (Premio Nadal 1968), Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca, e El año del cometa con la batalla de los cuatro reyes.

Nas súas obras de narrativa breve destacan tres títulos: Escola de menciñeiros, Xentes de aquí e acolá e Os outros feirantes, libros nos que se relata a curiosos personaxes e historias fantásticas extraídas da realidade rural galega da que Cunqueiro nunca quixo apartarse.