LOCUCIÓN CEGOS TEATRO
Como dramaturgo, Álvaro Cunqueiro deixounos unha produción de tres obras completas: O incerto Señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958), A noite vai coma un río* (1965), e Rogelia en Finisterre (esta última escrita en castelán e publicada en 1941), máis outras obras sen completar.
Esas pezas, completas ou incompletas, en ocasións forman parte dalgunhas das súas novelas (La noche va como un río integrada en Un hombre que se parecía a Orestes, Las escenas segunda y vigésimo quinta (…) en Si o vello Sinbad volvese ás illas e a Función de Romeo y Julieta en As crónicas do Sochantre), nunha mestura orixinalísima de elementos literarios de variadas orixes, moi propia de Cunqueiro.